Benvidos a Apoegal
A Asociación Profesional de Orientación
Educativa de Galicia, APOEGAL, constituíuse formalmente o 26
de novembro de 2004, nunha xornada na que representantes das catro
provincias decidiron aprobar os seus estatutos e inaugurar así unha
nova páxina na historia da orientación da comunidade galega.
Esta acción responde a unha demanda do propio colectivo, que dende hai
xa algún tempo detectou a necesidade de aglutinar esforzos e coordinar
actuacións de cara a optimizar o funcionamento dos Departamentos de
Orientación distribuídos polos diferentes puntos da xeografía galega.
APOEGAL nace cunha idea clara: defender e promover a Orientación
Educativa en tódalas súas vertentes. Ademais, tamén son fins da
asociación:
· A defensa dos intereses dos seus asociados/as.
· A formación dos seus integrantes mediante a organización de congresos,
cursos, seminarios, xornadas, conferencias, etc tanto de
xeito presencial coma on line, con fins pedagóxicos.
· A contribución á formación doutros colectivos dende a perspectiva da
Orientación Educativa.
· Intercambio de experiencias profesionais entre os seus asociados/as.
· A aproximación dos/as asociados/as ás NT e a súa utilización nas
tarefas profesionais, para a formación, a comunicación e o
intercambio...
· A edición de boletíns e/ou revistas informativas ou técnicas que
contribúan á divulgación do coñecemento propio destas áreas xa sexan
impresas ou en formato electrónico.
· A aportación, tanto ás Administracións Públicas como a Institucións
doutro carácter que se estime conveniente, dende o punto de vista
técnico respecto a proxectos ou iniciativas que teñan que ver con este
campo do coñecemento.
· A colaboración con asociacións, organizacións e institucións de diversa
índole: Universidades, ONGs, CEFORES,...
· A contribución e aposta pola educación de calidade e a diversidade para
tod@s.
· O Asesoramento ós/ás afiliados/as.
Co convencemento de que internet debe servir de nexo de unión cotiá
entre os orientadores/as educativos/as galegos/as, e destes co resto de
análogos colectivos españois e doutros países, APOEGAL ten previsto
desenvolver unha plataforma de comunicación e formación virtual que o
faga posible.

