Estatutos
ESTATUTOS DE APOEGAL
CAPITULO VI. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN.
Artigo 29.-
A Asociación pode disolverse por decisión da Asemblea Xeral (con arreglo ó disposto no artículo 7, apartado 4 dos presentes estatutos), sempre que conste na orde do día da reunión, por ter perdido a razón da súa existencia ou o incumprimento dos seus fins esenciais.
Artigo 30.-
No caso de disolución, o seu patrimonio neto revertirá na colectividade para fins sociais, fundamentalmente de carácter educativo, e comunicarase tal disolución á Xunta de Galicia.
Artigo 31.-
No caso de disolverse a Asociación, a Asemblea Xeral, reunida a tal efecto, nomeará unha comisión liquidadora, a que se fará cargo dos fondos que existan e, unha vez satisfeitas as débedas, o remanente, se o houber, destinarase a fins sociais e fundamentalmente de carácter educativo, comunicándose a disolución á Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación citada.

