Estatutos
ESTATUTOS DE APOEGAL
CAPITULO IV. OS SOCIOS. DEREITOS E DEBERES.
Artigo 19. -
Adquisición da condición de socio/a
1.- Serán socios/as de APOEGAL as persoas que, reuniendo as condicións que se sinalan, o soliciten á Xunta Directiva e entenderanse admitidos/as, sen acordo especial, dende o día un de cada mes os/as que o teñan solicitado en cualquera dos días do mes precedente, estando obrigados, ó causar alta, ó abono das cotas establecidas. Os/as socios/as serán ratificados/as na Primeira Xunta Directiva que se celebre.
2.- No caso de que algunha solicitude sexa desestimada pola Xunta Directiva, esta deberá comunicarllo ó/á interesado/a especificando claramente as causas da súa non admisión. O/A interesado/a, a partir desta notificación, poderá solicitar revisión da súa petición ante a Asemblea Xeral, mediante instancia dirixida ó/á Presidente/a da Xunta directiva. A decisión da asemblea xeral será definitiva.
3. Poderá ser socio/a de APOEGAL calquera persoa maior de idade e con capacidade legal para obrar que desempeñe ou teña desempeñado funcións de orientador/a educativo/a no ámbito escolar. Deberá cumplir algún dos seguintes requisitos:
Ser Xefe/a do Departamento de Orientación en centros de Educación Infantil, Primaria e/ou Secundaria.
Ter o nomeamento como profesor/a de Secundaria na especialidade de Psicoloxía ou Pedagoxía.
Ocupar un posto de orientador/a en centros privados.
4. A asociación poderá contar, ademáis dos/as socios/as titulares, cos seguintes tipos de socios/as con voz e sen voto:
Corporativos: poderase conceder á institucións adicadas preferentemente a actividades de orientación.
De honra: poderase conceder a cualquera persoa que teña sobresaído no ámbito da orientación.
Protectores: poderase conceder á aquelas entidades públicas ou privadas que contribúan de xeito extraordinario ó sostemento e desenvolvemento da Asociación.
Artigo 20.-
Son dereitos dos/as socios/as
Deliberar e votar en condicións de igualdade na Asemblea Xeral e en calquera dos órganos de representación ou organización formados para o cumprimento dos fins da Asociación.
Utilizar os servicios da Asociación e participar nas súas actividades nas mesmas condicións de igualdade.
Formar parte da Xunta Directiva cando sexa escollido/a polo/a Presidente/a.
Formar parte das Comisións de Traballo nas condicións que determine a Xunta Directiva.
Estar debidamente informado/a das actividades da Asociación.
Artigo 21.-
Son deberes dos/as socios/as.
Abonar a cota regulamentaria que se estableza.
Contribuir ós fins da Asociación participando activamente na mesma.
Aceptar as decisións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
Responder positivamente ás solicitudes de colaboración que poidan xurdir das distintas comisións de traballo existentes nese momento.
Asistir ás sesións da asemblea xeral con voz e voto.
Artigo 22.-
A condición de socio/a pérdese:
Por propia vontade e previa solicitude.
Por falla de pago de dúas das cotas establecidas.
Por acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva, ante accións que prexudiquen gravemente os fins da Asociación.

