Estatutos

Mar 21, 2008 by Apoegal

ESTATUTOS DE APOEGAL

  CAPITULO III. COMISIÓNS DE TRABALLO. FUNCIONAMENTO.

Artigo 16.-

    As comisións de traballo estarán formadas polos/as socios/as de APOEGAL de entre os voluntarios/as presentados/as. Cada unha delas será coordinada por un vocal da Xunta Directiva, nomeado por esta. A súa finalidade é facer operativos os fins da Asociación. Funcionarán 5 Comisións e Permanentes:

 

-         Formación

-         Comunicacións e Novas Tecnoloxías

-         Publicacións

-         Asesora

-         Recursos

 

    En función das necesidades concretas ou momentáneas da Asociación poderán constituirse outras comisións, con carácter permanente ou non permanente.

 

Artigo 17.-

    Cada Comisión Permanente presentará anualmente o seu Proxecto de Traballo á Xunta Directiva e, unha vez aceptado, disporá de autonomía organizativa. Ó rematar o ano, presentarase unha memoria das súas actividades. Cada Comisión contará con tres socios/as, cando menos.

 

Artigo 18.- 

Funcións das Comisións de Traballo Permanentes

 

1.- A Comisión de Formación terá  como funcións:

  1. Detectar as necesidades formativas dos/as asociados/as e propor ós distintos axentes e institucións as correspondentes accións formativas.

  2. Deseñar actividades (cursos, xornadas, grupos de traballo,  intercambios, congresos, etc.) que contribúan a satisfacer as necesidades detectadas.  

  3. Impulsar a investigación ligada á práctica profesional, como método de traballo. 

  4. Buscar financiación e apoio institucional e privado para o desenvolvemento das anteriores funcións.

 

2.- A Comisión de Comunicacións e Novas Tecnoloxías terá como funcións:

  1. Velar polo axeitado funcionamento das comunicacións de e entre a Asociación, con especial atención ás que utilizan novas tecnoloxías: correos electrónicos,  sistemas de distribución, plataformas de comunicación e formación, páxinas Web...

  2. Propor e dispor a adecuación das comunicacións ós avances  técnicos de cada momento segundo as posibilidades...

  3. Deseño, xestión e mantemento da Páxina Web da Asociación, das  plataformas de comunicación e formación... 

  4. Posibilitar e xestionar a formación a distancia e on-line dos/as asociados/as... 

  5. Manter e responsabilizarse das comunicacións oficiais da Asociación: apartado de correos, e-mail de xestión, e-mail corporativos... 

  6. Responsabilizarse e coordinar as comunicacións en momentos de traballo especial como asembleas, grupos de traballo,... 

  7. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.

 

3.- A Comisión de Publicacións terá como funcións:

  1. Proporlle á asemblea xeral a líña editorial a seguir. 

  2. Seleccionar os traballos a publicar dacordo cos criterios previamente aprobados pola asemblea xeral. 

  3. Desenvolver o proceso que corresponda para sacar adiante as publicacións. 

  4. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.

 

4.-A Comisión Asesora e de Recursos terá como funcións:

  1. Manter unha sección na Web da asociación adicada a este menester.

  2. Recibir as demandas dos/as asociados/as. 

  3. Canalizar as respostas dos/as restantes asociados/as. 

  4. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.

 

5.- A Comisión de Recursos terá como funcións:

  1. Manter informados/as ós/ás asociados/as dos diferentes recursos que poidan interesar para o exercicio da orientación educativa.

  2. Facilitar o intercambio de recursos entre os/as asociados/as.

  3. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.