Estatutos
ESTATUTOS DE APOEGAL
CAPITULO II. DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN, GOBERNO E ADMINISTRACIÓN
Artigo 6.-
A dirección e a administración da asociación correrán a cargo da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
Artigo 7.-
A Asemblea Xeral
1.- A Asemblea Xeral de APOEGAL está integrada por tódolos seus socios/as e é o órgano supremo de decisión da Asociación. O seu presidente/a será o Presidente/a da Xunta Directiva.
2.- Obrigatoriamente a Asemblea deberá ser convocada en sesión ordinaria unha vez ó ano, para aprobar o plan xeral de actuación da asociación, no seu caso, os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como o estado das contas correspondentes ó ano anterior. Tamén se poderá reunir, en sesión extraordinaria, á proposta da Xunta Directiva ou dunha cuarta parte do total dos socios/as.
3.- As convocatorias das Asembleas Xerais, sexan ordinarias ou extraordinarias, serán feitas por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea deben mediar 7 días cando menos.
4.- As Asembleas Xerais, sexan ordinarias ou extraordinarias, quedarán válidamente constituídas en primeira convocatoria cando concurran a ela, presentes ou representados, a metade máis un dos asociados; e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados concurrente.
Os acordos da Asemblea Xeral deberán tomarse pola maioría simple dos/as presentes ou representados/as, cando menos; cada socio/a pode representarse a sí mesmo/a e a dous máis, agás para modificar os estatutos, disolver a asociación, disposición o enaxenación de bens, solicitude de declaración de utilidade pública da asociación, destitución da Xunta Directiva ou dalgún dos seus membros,... nestes casos esixirase o voto favorable das dúas terceiras partes dos/as asociados/as presentes ou representados/as. Estes asuntos serán examinados sempre en asembleas xerais extraordinarias.
Artigo 8.-
A Xunta Directiva
1.- A Xunta Directiva da Asociación é o órgano de xestión, representación e decisión entre asembleas e estará formada polo/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a, o/a Secretario/a, o/a Tesoureiro/a e cinco vocais. Para a elección da xunta directiva, presentaranse candidaturas por equipas cun proxecto de actuación, no caso de que non haxa ningunha presentada, o /a presidente/a será escollido/a pola Asemblea Xeral mediante voto segredo, neste caso ó/á presidente/a corresponderalle escoller ós outros/as membros da Xunta Directiva. Este/a disporá dun período máximo dun mes para facelo e convocar ós/ás asociados/as á presentación da nova Xunta Directiva que deberá ser ratificada polas dúas terceiras partes dos/as presentes ou representados/as. Nesta sesión ademáis presentará as líñas básicas do seu Plan de actuación. Durante o período de constitución da nova Xunta Directiva, as competencias atribuidas nestes estatutos serán desempeñadas pola anterior Xunta Directiva, nese momento en funcións. Todo socio/a de APOEGAL é elexible como Presidente/a da Xunta Directiva, aínda que poderá rexeitar ser escollido/a xustificando os seus motivos ante a Asemblea. O periodo de permanencia dunha xunta directiva é de 3 anos podendo ser reelexido/a como máximo unha 2º vez o/a presidente da mesma.
Artigo 9.-
Son competencias da Xunta Directiva:
Planificar, coordinar, dar publicidade e organizar, no seu caso, as actividades a desenvolver.
Formalizar o proxecto de presuposto anual, as contas do ano, a memoria e o plan de actividades.
A execución do presuposto de ingresos e gastos aprobado pola Asemblea Xeral.
A contratación de persoal e/ou servicios sempre que exista consignación no presuposto de gastos aprobado.
Formular acordo de convocatoria de sesión ordinaria ou extraordinaria da Asemblea Xeral.
Impulsar e coordinar o funcionamento das Comisións de Traballo.
Interpretar os preceptos contidos nestes estatutos e cubrir as lagoas, sempre someténdose á normativa legal vixente en materia de asociacións.
Actuar segundo os referentes estatuarios e acordos da Asemblea Xeral.
Artigo 10.-
A Xunta Directiva quedará válidamente constituida cando asistan, polo menos, o/a Presidente/a e tres dos restantes membros. As decisións tomaránse por maioría simple.
Artigo 11.-
Unha vez escollido un membro da Xunta Directiva causará baixa por algúns destes motivos:
Baixa na Asociación
Recusación da Xunta Directiva e/ou da Asemblea Xeral, previa audiencia do/a interesado/a.
Renuncia voluntaria, motivada, e aceptada polo Presidente/a.
Finalización do período máximo para o que foron escollidos/as.
As vacantes que puideran producirse na Xunta antes de finalizar o periodo para o que foron escollidos/as poderán cubrirse con outros socios/as.
Artigo 12.-
O/A Presidente/a da Xunta Directiva serao tamén da Asociación, e terá as seguintes atribucións:
Representar legalmente á Asociación.
Convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e da outra, decidindo con voto de calidade en caso de empate.
Coordinar a posta en marcha do Plan Anual de actividades e dirixir as tarefas da Xunta Directiva.
Ordenar os pagos acordados válidamente.
Responsabilizarse das relacións coas diversas institucións, organismos ou entidades que corresponda, para o mellor desenvolvemento dos fins da Asociación. Nesta tarefa poderá axudarse doutros vocais que formen parte da Xunta Directiva.
En caso de imposibilidade temporal para exercer as súas atribucións, o/a presidente/a será sustituido/a polo Vicepresidente/a.
Artigo 13.-
O/A Vicepresidente/a da Asociación terá as seguintes atribucións:
As que nel/nela delegue o/a Presidente/a de entre as súas funcións.
Compartir co/coa presidente/a a sinatura da conta ou contas bancarias que existan a nome da Asociación.
Artigo 14.-
O/A Secretario/a da Asociación terá os seguintes cometidos:
Asistir ás sesións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral e levantar acta das mesmas.
Levar o libro de Rexistro de "altas" e "baixas" de socios/as, con nomes e apelidos, domicilio, etc. e un ficheiro dos mesmos.
Levar o Libro de Rexistro de entrada e saída de documentos.
Levar a cabo, materialmente, as convocatorias que lle ordene o/a Presidente/a.
Certificar co VºBº do/a Presidente/a aquilo que legalmente corresponda, en relación coas actividades da Asociación. Custodiar o libro de actas e o resto dos documentos que xere a actividade da Asociación.
Artigo 15.-
O/A Tesoureiro/a da Asociación terá as seguintes funcións:
Compartir co Presidente/a, a sinatura da conta ou contas bancarias que existan á nome da Asociación.
Extender os recibos de cotas dos/as socios/as.
Executar os pagos que corresponda unha vez coñecido o "conforme" do Presidente/a.
Custodiar, se os houber, os fondos en metálico de que dispoña a Asociación.
Levar a contabilidade de ingresos e gastos da asociación.

