Estatutos

Mar 21, 2008 by Apoegal

ESTATUTOS DE APOEGAL

CAPITULO I. A ENTIDADE

Artigo 1.-

Constitúese a Asociación Profesional de Orientación educativa de Galicia que terá personalidade xurídica propia e capacidade de obrar. Exclúese  expresamente, dos seus fins, o ánimo de lucro.

Artigo 2.-

O réxime da Asociación determinarase polos presentes Estatutos e os acordos válidamente adoitados pola súa  Asemblea Xeral e órganos directivos, dentro do ámbito das súas respectivas competencias e sempre tendo en conta o que establece a Lei 19/1997, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical (BOE nº 80, do 4 de abril).

Artigo 3.-

Esta Asociación terá o seu domicilio social na Avda Otero Pedraio, nº12, 1º D. C.P.: 34002. Ourense.

Artigo 4.-

Son fins da asociación:

  1. A defensa e a promoción da Orientación Educativa en tódalas súas vertentes, especialmente nas institucións escolares.

  2. A defensa dos intereses dos seus asociados/as.

  3. A formación dos seus integrantes mediante a organización de congresos, cursos, seminarios, xornadas, conferencias,  etc   tanto de xeito presencial coma on line, con fins pedagóxicos.

  4. A contribución á formación doutros colectivos dende a perspectiva da Orientación Educativa.

  5. Intercambio de experiencias profesionais entre os seus asociados/as.

  6. A aproximación dos/as asociados/as ás novas tecnoloxías e a súa utilización nas tarefas profesionais, para a formación, a comunicación  e o intercambio...

  7. A edición de boletíns e/ou revistas informativas ou técnicas que contribúan á divulgación do coñecemento propio destas áreas xa sexan impresas ou en formato electrónico.

  8. A aportación, tanto ás Administracións Públicas como a Institucións doutro carácter que se estime conveniente, dende o punto de vista técnico respecto a proxectos ou iniciativas que teñan que ver con este campo do coñecemento.

  9. A colaboración con asociacións, organizacións e institucións de diversa índole: Universidades, ONGs, CEFORES,...

  10. A contribución e aposta pola educación de calidade e a diversidade para todos/as. 

  11. O asesoramento ós/ás afiliados/as.

 

Artigo 5.-

O ámbito de actuación específico da Asociación será a Comunicade Autónoma de Galicia, aínda que os seus afiliados/as poderán residir ou exercer as súas funcións fóra desta Comunidade.