Estatutos de APOEGAL

  • CAPITULO I. A ENTIDADE

    Artigo 1.

    Constitúese a Asociación Profesional de Orientación educativa de Galicia que terá personalidade xurídica propia e capacidade de obrar. Exclúese expresamente, dos seus fins, o ánimo de lucro.

    Artigo 2.

    O réxime da Asociación determinarase polos presentes Estatutos e os acordos válidamente adoitados pola súa Asemblea Xeral e órganos directivos, dentro do ámbito das súas respectivas competencias e sempre tendo en conta o que establece a Lei 19/1997, do 1 de Abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical (BOE nº 80, do 4 de Abril).

    Artigo 3.

    Esta Asociación terá o seu domicilio social na Avda Otero Pedraio, nº 12, 1ºD. C.P.: 34002. Ourense.

    Artigo 4.

    Son fins da asociación:

    1. A defensa e a promoción da Orientación Educativa en tódalas súas vertentes, especialmente nas institucións escolares.
    2. A defensa dos intereses dos seus asociados/as.
    3. A formación dos seus integrantes mediante a organización de congresos, cursos, seminarios, xornadas, conferencias, etc tanto de xeito presencial coma on line, con fins pedagóxicos.
    4. A contribución á formación doutros colectivos dende a perspectiva da Orientación Educativa.
    5. O intercambio de experiencias profesionais entre os seus asociados/as.
    6. A aproximación dos/as asociados/as ás novas tecnoloxías e a súa utilización nas tarefas profesionais, para a formación, a comunicación e o intercambio...
    7. A edición de boletíns e/ou revistas informativas ou técnicas que contribúan á divulgación do coñecemento propio destas áreas xa sexan impresas ou en formato electrónico.
    8. A aportación, tanto ás Administracións Públicas como a Institucións doutro carácter que se estime conveniente, dende o punto de vista técnico respecto a proxectos ou iniciativas que teñan que ver con este campo do coñecemento.
    9. A colaboración con asociacións, organizacións e institucións de diversa índole: Universidades, ONGs, CEFORES,...
    10. A contribución e aposta pola educación de calidade e a diversidade para todos/as.
    11. O asesoramento ós/ás afiliados/as.

    Artigo 5.

    O ámbito de actuación específico da Asociación será; a Comunicade Autónoma de Galicia, aínda que os seus afiliados/as poderán residir ou exercer as súas funcións fóra desta Comunidade.

    SUBIR

  • CAPITULO II. DOS ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN, GOBERNO E ADMINISTRACIÓN

    Artigo 6.

    A dirección e a administración da asociación correrán a cargo da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.

    Artigo 7.

    A Asemblea Xeral.

    A Asemblea Xeral de APOEGAL está integrada por todos os seus socios/as e é o órgano supremo de decisión da Asociación. O seu presidente/a será o Presidente/a da Xunta Directiva.

    Obrigatoriamente a Asemblea deberá ser convocada en sesión ordinaria unha vez ó ano, para aprobar o plan xeral de actuación da asociación, no seu caso, os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como o estado das contas correspondentes ó ano anterior. Tamén se poderá reunir, en sesión extraordinaria, á proposta da Xunta Directiva ou dunha cuarta parte do total dos socios/as.

    As convocatorias das Asembleas Xerais, sexan ordinarias ou extraordinarias, serán feitas por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea deben mediar 7 dóas cando menos. As Asembleas Xerais, sexan ordinarias ou extraordinarias, quedarán válidamente constituídas en primeira convocatoria cando concurran a ela, presentes ou representados, a metade máis un dos asociados; e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados concurrente.

    Os acordos da Asemblea Xeral deberán tomarse pola maioría simple dos/as presentes ou representados/as, cando menos; cada socio/a pode representarse a sí mesmo/a e a dous máis, agás para modificar os estatutos, disolver a asociación, disposición o enaxenación de bens, solicitude de declaración de utilidade pública da asociación, destitución da Xunta Directiva ou dalgún dos seus membros,... nestes casos esixirase o voto favorable das dúas terceiras partes dos/as asociados/as presentes ou representados/as. Estes asuntos serán examinados sempre en asembleas xerais extraordinarias.

    Artigo 8.

    A Xunta Directiva.

    A Xunta Directiva da Asociación é o órgano de xestión, representación e decisión entre asembleas e estará formada polo/a Presidente/a, o/a Vicepresidente/a, o/a Secretario/a, o/a Tesoureiro/a e cinco vocais. Para a elección da xunta directiva, presentaranse candidaturas por equipas cun proxecto de actuación, no caso de que non haxa ningunha presentada, o /a presidente/a será escollido/a pola Asemblea Xeral mediante voto segredo, neste caso ó/á presidente/a corresponderalle escoller aos outros/as membros da Xunta Directiva. Este/a disporá dun período máximo dun mes para facelo e convocar ós/ás asociados/as á presentación da nova Xunta Directiva que deberá ser ratificada polas dúas terceiras partes dos/as presentes ou representados/as. Nesta sesión ademáis presentará as líñas básicas do seu Plan de actuación. Durante o período de constitución da nova Xunta Directiva, as competencias atribuidas nestes estatutos serán desempeñadas pola anterior Xunta Directiva, nese momento en funcións. Todo socio/a de APOEGAL é elexible como Presidente/a da Xunta Directiva, aínda que poderá rexeitar ser escollido/a xustificando os seus motivos ante a Asemblea. O periodo de permanencia dunha xunta directiva é de 3 anos puidendo ser reelexido/a como máximo unha 2ª vez o/a presidente da mesma.

    Artigo 9.

    Son competencias da Xunta Directiva:

    1. Planificar, coordinar, dar publicidade e organizar, no seu caso, as actividades a desenvolver.
    2. Formalizar o proxecto de presuposto anual, as contas do ano, a memoria e o plan de actividades.
    3. A execución do presuposto de ingresos e gastos aprobado pola Asemblea Xeral.
    4. A contratacón de persoal e/ou servicios sempre que exista consignación no presuposto de gastos aprobado.
    5. Formular acordo de convocatoria de sesión ordinaria ou extraordinaria da Asemblea Xeral.
    6. Impulsar e coordinar o funcionamento das Comisións de Traballo.
    7. Interpretar os preceptos contidos nestes estatutos e cubrir as lagoas, sempre someténdose á normativa legal vixente en materia de asociacións.
    8. Actuar segundo os referentes estatuarios e acordos da Asemblea Xeral.

    Artigo 10.

    A Xunta Directiva quedará válidamente constituida cando asistan, polo menos, o/a Presidente/a e tres dos restantes membros. As decisións tomaránse por maioría simple.

    Artigo 11.

    Unha vez escollido un membro da Xunta Directiva causará baixa por algúns destes motivos:

    1. Baixa na Asociación.
    2. Recusación da Xunta Directiva e/ou da Asemblea Xeral, previa audiencia do/a interesado/a.
    3. Renuncia voluntaria, motivada, e aceptada polo Presidente/a.
    4. Finalización do período máximo para o que foron escollidos/as.

    As vacantes que puideran producirse na Xunta antes de finalizar o periodo para o que foron escollidos/as poderán cubrirse con outros socios/as.

    Artigo 12.

    O/A Presidente/a da Xunta Directiva serao tamén da Asociación, e terá as seguintes atribucións:

    1. Representar legalmente á Asociación.
    2. Convocar, presidir e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e da outra, decidindo con voto de calidade en caso de empate.
    3. Coordinar a posta en marcha do Plan Anual de actividades e dirixir as tarefas da Xunta Directiva.
    4. Ordenar os pagos acordados válidamente.
    5. Responsabilizarse das relacións coas diversas institucións, organismos ou entidades que corresponda, para o mellor desenvolvemento dos fins da Asociación. Nesta tarefa poderá axudarse doutros vocais que formen parte da Xunta Directiva.

    En caso de imposibilidade temporal para exercer as súas atribucións, o/a presidente/a será sustituido/a polo Vicepresidente/a.

    Artigo 13.

    O/A Vicepresidente/a da Asociación terá as seguintes atribucións:

    1. As que nel/nela delegue o/a Presidente/a de entre as súas funcións.
    2. Compartir co/coa presidente/a a sinatura da conta ou contas bancarias que existan a nome da Asociación.

    Artigo 14.

    O/A Secretario/a da Asociación terá os seguintes cometidos:

    1. Asistir ás sesións da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral e levantar acta das mesmas.
    2. Levar o libro de Rexistro de "altas" e "baixas" de socios/as, con nomes e apelidos, domicilio, etc. e un ficheiro dos mesmos.
    3. Levar o Libro de Rexistro de entrada e saída de documentos.
    4. Levar a cabo, materialmente, as convocatorias que lle ordene o/a Presidente/a.
    5. Certificar co VºBº do/a Presidente/a aquilo que legalmente corresponda, en relación coas actividades da Asociación. Custodiar o libro de actas e o resto dos documentos que xere a actividade da Asociación.

    Artigo 15.

    O/A Tesoureiro/a da Asociación terá as seguintes funcións:

    1. Compartir co Presidente/a, a sinatura da conta ou contas bancarias que existan a nome da Asociación.
    2. Extender os recibos de cotas dos/as socios/as.
    3. Executar os pagos que corresponda unha vez coñecido o "conforme" do Presidente/a.
    4. Custodiar, se os houber, os fondos en metálico de que dispoña a Asociación.
    5. Levar a contabilidade de ingresos e gastos da asociación.

    SUBIR

  • CAPITULO III. COMISIÓNS DE TRABALLO. FUNCIONAMENTO.

    Artigo 16.

    As comisións de traballo estarán formadas polos/as socios/as de APOEGAL de entre os voluntarios/as presentados/as. Cada unha delas será coordinada por un vocal da Xunta Directiva, nomeado por esta. A súa finalidade é facer operativos os fins da Asociación. Funcionarán 5 Comisións e Permanentes:

    • Formación.
    • Comunicacións e Novas Tecnoloxías.
    • Publicacións.
    • Asesora.
    • Recursos.

    En función das necesidades concretas ou momentáneas da Asociación poderán constituirse outras comisións, con carácter permanente ou non permanente.

    Artigo 17.

    Cada Comisión Permanente presentará; anualmente o seu Proxecto de Traballo á Xunta Directiva e, unha vez aceptado, disporá de autonomía organizativa. Ó rematar o ano, presentarase unha memoria das súas actividades. Cada Comisión contará con tres socios/as, cando menos.

    Artigo 18.

    Funcións das Comisións de Traballo Permanentes.

    A Comisión de Formación terá como funcións:

    1. Detectar as necesidades formativas dos/as asociados/as e propor ós distintos axentes e institucións as correspondentes accións formativas.
    2. Deseñar actividades (cursos, xornadas, grupos de traballo, intercambios, congresos, etc.) que contribúan a satisfacer as necesidades detectadas.
    3. Impulsar a investigación ligada á práctica profesional, como método de traballo.
    4. Buscar financiación e apoio institucional e privado para o desenvolvemento das anteriores funcións.

    A Comisión de Comunicacións e Novas Tecnoloxías terá como funcións:

    1. Velar polo axeitado funcionamento das comunicacións de e entre a Asociación, con especial atención ás que utilizan novas tecnoloxías: correos electrónicos, sistemas de distribución, plataformas de comunicación e formacón, páxinas Web...
    2. Propor e dispor a adecuación das comunicacións ós avances técnicos de cada momento segundo as posibilidades...
    3. Deseño, xestión e mantemento da Páxina Web da Asociación, das plataformas de comunicación e formación...
    4. Posibilitar e xestionar a formación a distancia e on-line dos/as asociados/as...
    5. Manter e responsabilizarse das comunicacións oficiais da Asociación: apartado de correos, e-mail de xestión, e-mail corporativos...
    6. Responsabilizarse e coordinar as comunicacións en momentos de traballo especial como asembleas, grupos de traballo,...
    7. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.

    A Comisión de Publicacións terá como funcións:

    1. Proporlle á asemblea xeral a liña editorial a seguir.
    2. Seleccionar os traballos a publicar dacordo cos criterios previamente aprobados pola asemblea xeral.
    3. Desenvolver o proceso que corresponda para sacar adiante as publicacións.
    4. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.

    A Comisión Asesora e de Recursos terá como funcións:

    1. Manter unha sección na Web da asociación adicada a este menester.
    2. Recibir as demandas dos/as asociados/as.
    3. Canalizar as respostas dos/as restantes asociados/as.
    4. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.

    A Comisión de Recursos terá como funcións:

    1. Manter informados/as ós/ás asociados/as dos diferentes recursos que poidan interesar para o exercicio da orientación educativa.
    2. Facilitar o intercambio de recursos entre os/as asociados/as.
    3. Aquelas outras funcións que se deriven do exercicio das súas actividades.

    SUBIR

  • CAPITULO IV. OS SOCIOS. DEREITOS E DEBERES.

    Artigo 19.

    Adquisición da condición de socio/a:

    Serán socios/as de APOEGAL as persoas que, reuniendo as condicións que se sinalan, o soliciten á Xunta Directiva e entenderanse admitidos/as, sen acordo especial, dende o día un de cada mes os/as que o teñan solicitado en cualquera dos días do mes precedente, estando obrigados, ó causar alta, ó abono das cotas establecidas. Os/as socios/as serán ratificados/as na Primeira Xunta Directiva que se celebre.

    No caso de que algunha solicitude sexa desestimada pola Xunta Directiva, esta deberá comunicarllo ó/á interesado/a especificando claramente as causas da súa non admisión. O/A interesado/a, a partir desta notificación, poderá solicitar revisión da súa petición ante a Asemblea Xeral, mediante instancia dirixida ó/á Presidente/a da Xunta directiva. A decisión da asemblea xeral será definitiva.

    Poderá ser socio/a de APOEGAL calquera persoa maior de idade e con capacidade legal para obrar que desempeñe ou teña desempeñado funcións de orientador/a educativo/a no ámbito escolar. Deberá cumplir algún dos seguintes requisitos:

    1. Ser Xefe/a do Departamento de Orientación en centros de Educación Infantil, Primaria e/ou Secundaria.
    2. Ter o nomeamento como profesor/a de Secundaria na especialidade de Psicoloxía ou Pedagoxía.
    3. Ocupar un posto de orientador/a en centros privados.

    A asociación poderá contar, ademáis dos/as socios/as titulares, cos seguintes tipos de socios/as con voz e sen voto:

    1. Corporativos: poderase conceder a institucións adicadas preferentemente a actividades de orientación.
    2. De honra: poderase conceder a cualquera persoa que teña sobresaído no ámbito da orientación.
    3. Protectores: poderase conceder a aquelas entidades públicas ou privadas que contribúan de xeito extraordinario ó sostemento e desenvolvemento da Asociación.

    Artigo 20.

    Son dereitos dos/as socios/as:

    1. Deliberar e votar en condicións de igualdade na Asemblea Xeral e en calquera dos órganos de representación ou organización formados para o cumprimento dos fins da Asociación.
    2. Utilizar os servicios da Asociación e participar nas súas actividades nas mesmas condicións de igualdade.
    3. Formar parte da Xunta Directiva cando sexa escollido/a polo/a Presidente/a.
    4. Formar parte das Comisións de Traballo nas condicións que determine a Xunta Directiva.
    5. Estar debidamente informado/a das actividades da Asociación.

    Artigo 21.

    Son deberes dos/as socios/as:

    1. Abonar a cota regulamentaria que se estableza.
    2. Contribuir ós fins da Asociación participando activamente na mesma.
    3. Aceptar as decisións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
    4. Responder positivamente ás solicitudes de colaboración que poidan xurdir das distintas comisións de traballo existentes nese momento.
    5. Asistir ás sesións da asemblea xeral con voz e voto.

    Artigo 22.

    A condición de socio/a pérdese:

    1. Por propia vontade e previa solicitude.
    2. Por falla de pago de dúas das cotas establecidas.
    3. Por acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta Directiva, ante accións que prexudiquen gravemente os fins da Asociación.

    SUBIR

  • CAPITULO V. O RÉXIME ECONÓMICO.

    Artigo 23.

    No momento da súa fundación esta Asociación carece de patrimonio.

    Artigo 24.

    Serán recursos da Asociación, as cotas ordinarias e extraordinarias dos/as seus asociados/as, as subvencións e axudas que reciba, así como as herdanzas, legados e doacións; as vendas ou intereses do seu patrimonio e os resultados económicos de actos organizados por ela.

    Artigo 25.

    A aportación dos/as socios/as fixarase anualmente pola Asemblea Xeral.

    Artigo 26.

    A administración dos fondos da Asociación levarase a cabo con todo detalle, sometida á correspondente intervención e publicidade, co fin de que os/as asociados/as poidan ter coñecemento periódico do destino daqueles. Anualmente porase de manifiesto o estado de contas dos ingresos e gastos.

    Artigo 27.

    Queda expresamente excluido como fin da Asociación o ánimo de lucro, e non poderá destinar os seus bens a fins industriais, comerciais, profesionais ou de servicios, nin exercer actividade de igual carácter coa finalidade de repartir beneficios entre os/as seus socios/as.

    Artigo 28.

    Os cargos electos da Asociación e os traballos nas distintas Comisións non serán retribuidos; poderanse resarcir os gastos ocasionados por estas actividades nas condicións que se determinen.

    SUBIR

  • CAPITULO VI. DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN.

    Artigo 29.

    A Asociación pode disolverse por decisión da Asemblea Xeral (con arreglo ó disposto no artículo 7, apartado 4 dos presentes estatutos), sempre que conste na orde do día da reunión, por ter perdido a razón da súa existencia ou o incumprimento dos seus fins esenciais.

    Artigo 30.

    No caso de disolución, o seu patrimonio neto revertirá na colectividade para fins sociais, fundamentalmente de carácter educativo, e comunicarase tal disolución á Xunta de Galicia.

    Artigo 31.

    No caso de disolverse a Asociación, a Asemblea Xeral, reunida a tal efecto, nomeará unha comisión liquidadora, a que se fará cargo dos fondos que existan e, unha vez satisfeitas as débedas, o remanente, se o houber, destinarase a fins sociais e fundamentalmente de carácter educativo, comunicándose a disolució á Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación citada.

    SUBIR

  • DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS.

    Artigo 1.

    Ata que se proceda á constitución da Xunta Directiva actuarase conforme ós criterios que seguen:

    1. Constitúese unha Comisión Xestora Provisional formada por profesionais da orientación que se responsabilizará de realizar as xestións pertinentes para proceder á constitución da Asociación.
    2. No período comprendido entre tres e seis meses, a partir da constitución da Asociación, procederase a convocar a Asemblea Xeral que terá que escoller á Xunta Directiva, dacordo cos Estatutos desta Asociación.

     

    SUBIR